Cando compras unha casa é normal que xurdan dúbidas. Para acompañarte no teu proceso de solicitude, creamos Espazo Hipoteca dentro da app BBVA, onde podes:
Non tes acceso á app? Rexístrate en dous pasos sen te faceres cliente.
Antes de enviar a túa solicitude, poderás calcular a túa cota en bbva.es ou nunha oficina BBVA.
Cando envíes a túa solicitude, poderás acceder á app BBVA sen ser cliente e seguir cos trámites desde Espazo Hipoteca.
Para acceder á app, só terás que rexistrarte en dous pasos e sen compromiso.
Para facer o estudo de viabilidade, pedirémosche documentos de identificación e económicos.
Poderás engadilos e envialos desde a app.
Nesta etapa, necesitamos a taxación e a nota simple actualizada do inmoble.
Se queres, poderás solicitar estes documentos a través do BBVA. Unha taxadora homologada realizará a taxación e obteremos a nota simple por ti. O teu xestor vaite informar do custo.
Se a solicitude segue adiante, recibirás por correo electrónico as condicións do préstamo hipotecario, que poderás ler e asinar se estás de acordo.
Despois terás que escoller unha notaría e acordar unha cita para que te asesoren e emitan a acta previa.
O último paso será ir á notaría para asinar a compra da casa e a hipoteca. E xa será túa!