Aforra en comisións

Descubre como non pagar comisións polas contas

Presentámosche un espazo na túa app BBVA para que teñas sempre as contas baixo control e aforres en comisións.

Tes dúbidas sobre as comisións na túa conta?

Neste espazo da app poderás coñecer de forma clara a situación das túas contas: a comisión polo servizo de mantemento de conta, os requisitos que cumpres e as opcións dispoñibles para reducir as comisións, en caso de as pagares.

Ti decides pagar 0 € e nós explicámosche como facelo

  • Despregando o menú e seleccionando "Condicións de conta" poderás acceder e coñecer o importe da comisión de mantemento de conta da próxima liquidación.
  • Revisa que condicións cumpres para aforrares a comisión e cales che faltan.
  • Coñece os produtos que te axudarán a non pagar.

A túa información actualizada cada mes

No inicio do mes actualizaremos a túa información para que saibas en todo momento en que situación están as túas contas.

Cando se paga a comisión de mantemento?

A comisión liquídase cada tres meses, os días 15 de marzo, 15 de xuño, 15 de setembro e 15 de decembro, aproximadamente. Por iso, é importante que accedas ao espazo onde se mostra a comisión de mantemento das contas, para teres o control.

Non quedes con ningunha dúbida.