Regras de aforro para menores
Tes fillos de 12 a 17 anos? Entra na túa app BBVA > Experiencias > Programa a túa conta. Poderás activar estas dúas regras para aforrardes xuntos de forma automática:
-
Arredondamento en compras
Cando pagues con tarxeta, o importe redondearase e a diferenza gardarase na Conta Aforro Metas do teu fillo ou filla.
- Por exemplo, se a compra no súper che custa 21,50 €, cobrarémosche 22 € e os 0,50 € restantes gardaranse na súa Conta Aforro Metas
-
Aforro fin de mes
Se ao final do mes o teu fillo ten saldo na súa Conta Online, gardarase a cantidade ou a porcentaxe que decidas na súa Conta Aforro Metas.
- Imaxina que creas unha regra para que o teu fillo ou filla aforre un 30% do saldo da súa Conta Online. Se ao final do mes lle quedan 300 €, gardaranse 90 € na súa Conta Metas.
- Se escolles aforrar unha cantidade fixa de 20 €, ao chegar ao final do mes, esta será a cantidade que se garde na súa Conta Aforro Metas.