Podes agregar todos os teus bancos, pedir cita para falar cun xestor, calcular o valor dunha casa e facer outras xestións do teu día a día. Sen ser cliente e sen compromiso. Rexístrate en dous pasos e empeza a coñecernos pouco a pouco.
Personaliza os teus avisos e alertas do BBVA a través da app ou do web.
Ti escolles os avisos e alertas que queres recibir
Alertas de seguridade, fraude ou impagamento.
Pagamentos coa túa tarxeta de crédito ou débito.
Avisos e suxestións personalizadas.
Que é Notificacións?
É un servizo de alertas para que en todo momento poidas recibir avisos de forma personalizada. Movementos nas túas contas, pagamentos coas túas tarxetas, alertas de seguridade e suxestións. Todo no móbil.
Pódelo activar na túa app ou no web.
Como as podo activar?
Accede co teu usuario e contrasinal á app ou ao web do BBVA.
Selecciona 'Configuración' e, a seguir, 'Avisos e alertas'.
Accederás á listaxe de avisos que poidas recibir.
Podes escoller que notificacións recibir das túas contas, tarxetas, experiencias, seguridade e privacidade e notificacións comerciais.
Ademais, podes desactivar as comunicacións por correo postal para recibires todo en formato dixital.
O teu banco no móbil coa app do BBVA
Explora a app BBVA sen seres cliente
Rexístrate en dous pasos e sen compromiso. E accede ás funcionalidades máis destacadas do BBVA sen seres cliente.