Descubre como reducir a túa pegada de carbono

Con accións sinxelas podes conseguir que a túa forma de consumir enerxía sexa máis responsable co medio ambiente.

Consumir produtos locais e de tempada

Conseguirías que o teu consumo de alimentos fose máis sostible.

Como planificar ben o menú?

Ao facermos a compra tamén xeramos emisións. A maioría delas proceden do transporte dos produtos desde o lugar en que se cultivaron ou se produciron, así como da súa conservación en cámaras frigoríficas

Ten en conta estas ideas ao planificares o menú: 

  • Revisa a procedencia dos alimentos que consomes, xa que transportalos desde longas distancias produce un gran volume de emisións.
  • Procura que sexan de tempada, pois conservalos en cámara ou producilos en invernadoiros eleva as súas emisións e pode diminuír as súas propiedades.
  • Sempre que sexa posible, compra en negocios próximos ao teu domicilio para evitar utilizar o coche. Revisa se teñen políticas contra o desaproveitamento de produtos.
  • Compra o que necesites e procura non desperdiciar alimentos

Tendo en conta estas consideracións, o teu consumo será máis responsable social e ambientalmente. Ademais, contribuirás á mellora da economía local.

Ver máis consellos

No BBVA axudámosche a financiar os teus proxectos para aforrar enerxía