Podes agregar todos os teus bancos, pedir cita para falar cun xestor, calcular o valor dunha casa e facer outras xestións do teu día a día. Sen ser cliente e sen compromiso. Rexístrate en dous pasos e empeza a coñecernos pouco a pouco.
Si, podes beneficiarte de todos os descontos sen necesidade de te faceres cliente. Para facelo, tes que crear un usuario na app BBVA.
En cambio, se queres acceder ás ofertas de produtos BBVA ou do Plan Amigo, antes tes que darte de alta como cliente.
Non. Podes pagar coa tarxeta do BBVA ou de calquera outro banco. O único requisito é que fagas un usuario na app BBVA para acceder aos descontos.
Si, para acceder aos descontos de BBVA Vacaciones necesitas ser cliente e pagar coa túa tarxeta de débito ou crédito.
Os descontos en marcas só están dispoñibles na app BBVA. En cambio, podes acceder ás ofertas de produtos BBVA e ao Plan Amigo desde calquera dispositivo.
Algúns descontos son exclusivos para tendas electrónicas e outros podes trocalos en tendas físicas ou restaurantes. Ademais, a través da app podes buscar as que están máis cerca de ti.
O desconto quedará activado cando completes a solicitude e o BBVA comprobe se é aplicable.