BBVA Connect

É o servizo grazas ao que aplicacións autorizadas polo BBVA poden ofrecerche servizos relacionados cos teus produtos do BBVA.

BBVA Connect é unha funcionalidade para clientes do BBVA, tanto particulares coma autónomos e empresas, que facilita a súa experiencia nas páxinas webs ou aplicacións daquelas empresas que forman parte do grupo de partners do BBVA.

O acceso a través de BBVA Connect nas distintas webs ou aplicacións terceiras require o uso das mesmas claves que utilizas para operar no BBVA, dándolles permiso a estas aplicacións terceiras para acceder (vía API) a aqueles datos e servizos dentro do BBVA que consideres oportunos, para que estas empresas poidan pola súa parte prestarche servizos de valor engadido.

Se desexas ser unha das empresas autorizadas polo BBVA para integrar os nosos servizos na túa aplicación ou web, accede a máis información aquí: www.bbvaapimarket.com.

Ofrece a posibilidade de compartir e integrar os teus datos dun xeito sinxelo, seguro e inmediato con aquelas aplicacións terceiras que che poidan proporcionar mellores funcionalidades e servizos.

Axiliza e simplifica os teus procesos de rexistro e contratación. Cando accedes a novos servizos, os teus datos do BBVA incorpóranse automaticamente, eliminando a necesidade de cubrir formularios.

E todo iso, sen custo e coa confianza de que o acceso se realiza de xeito seguro, sen necesidade de ceder á aplicación terceira as credenciais da banca en liña, xa que estas son xestionadas e custodiadas polo BBVA.

As empresas nunca poderán ver as túas claves xa que estes datos se introducen nunha pantalla que se orixina desde o BBVA.

Se desexas ser unha das empresas autorizadas polo BBVA para integrar os nosos servizos na túa aplicación ou web, accede a máis información aquí: www.bbvaapimarket.com.

Cando accedes a un servizo ofrecido por unha empresa coa opción de BBVA Connect, presentaráseche unha pantalla que che pedirá o teu usuario e clave do BBVA, esta pantalla é do BBVA e está nun contorno seguro.

No seguinte paso, tras completar o primeiro, amosarase outra pantalla que detalla os datos/servizos aos que dás permiso. Neste punto poderás personalizar a que datos/servizos pode acceder a aplicación autorizada.

Para completar o proceso, terás que autorizar estes permisos mediante un segundo factor (2FA) como fas co resto das operacións que autorizas a través do BBVA.

Unha vez outorgados os permisos, poderás modificalos ou revogalos desde o propio BBVA Connect ou contactando co teu xestor.

Se desexas ser unha das empresas autorizadas polo BBVA para integrar os nosos servizos na túa aplicación ou web, accede a máis información aquí: www.bbvaapimarket.com.

A revogación de permisos a unha empresa non implica a terminación da relación comercial con esta, só os permisos da empresa para operar no BBVA no teu nome desde ese momento en diante. Calquera dato cedido previamente a esa revogación de permisos é susceptible de ser mantido pola empresa. En caso de querer eliminalos deberás dirixirte directamente á empresa da aplicación.

Unha vez outorgados os permisos, poderás revogalos ou modificalos desde o propio BBVA Connect ou contactando co teu xestor.

Calquera práctica abusiva ou irregularidade que observes, comunícaa a través deste enderezo de correo: es.bbvaapimarket@bbva.com.

Se desexas ser unha das empresas autorizadas polo BBVA para integrar os nosos servizos na túa aplicación ou web, accede a máis información aquí: www.bbvaapimarket.com.

Como podo ser usuario de BBVA Connect?

Todos os clientes de banca en liña do BBVA poden usar BBVA Connect sen ningún procedemento adicional, tan só se necesita ter as claves de acceso de bbva.es

O proceso iníciase desde a web ou aplicación dun terceiro que forme parte do grupo de partners do BBVA, non se inicia desde bbva.es. Na devandita páxina web ou aplicación, atoparás un botón de BBVA Connect onde introducirás os teus datos. A primeira vez que o uses terás que aceptar os termos e condicións que se presentarán en pantalla.

Que datos vou compartir cando dou a miña autorización?

Os teus datos de acceso a bbva.es NON se comparten. Nunca.

Os datos ou servizos aos que a empresa partner do BBVA quere acceder amosaránseche nunha xanela para que poidas dar a túa autorización e dependerán do servizo que esteas solicitando.

Esta é a listaxe dos posibles permisos para os que pidan a túa autorización:

  • Información dos teus datos persoais no BBVA.
  • Información sobre os teus produtos financeiros e os seus movementos.
  • Contratación de novos produtos como préstamos ou tarxetas.
  • Servizos transaccionais como transferencias ou efectivo móbil.

Desde cando e ata cando cedo o acceso aos meus datos ás empresas?

  • Desde cando: O máximo de información dispoñible para compartir é desde 2007, ou posterior se aínda non eras cliente do BBVA. Na pantalla de aceptación móstrase a listaxe dos datos aos que cedes acceso e o detalle.
  • Ata cando: Ata que decidas revogar os permisos. A devandita revogación ou eliminación de permisos non borra os datos que a empresa xa puidese recibir por esta vía. En caso de querer eliminalos deberás dirixirte directamente á empresa á que llos cediches. Cando se cumpran 180 días da concesión dos permisos, o acceso da empresa bloquearase ata que aceptes renovalo por outros 180 días ou revogalo.

Para que estás permitindo o acceso aos teus datos?

Estás permitindo o acceso para facerte cliente doutra empresa e que esta che ofreza un servizo. Para saber exactamente que servizo vai ofrecerche le a páxina web da empresa. Nesta páxina debe estar esta información detallada.

A empresa só pode utilizar os datos para o fin que o BBVA e ti autorizastes.

Como me dou de baixa do servizo?

Para revogar os permisos outorgados á empresa, poderás revogar ou modificar estes permisos desde o propio BBVA Connect ou contactando co teu xestor.

A revogación de permisos a unha empresa non implica a terminación da túa relación comercial con esta, só os permisos da empresa para operar no BBVA en nome do cliente desde ese momento en diante. Calquera dato cedido previamente a esa revogación de permisos é susceptible de ser mantido pola empresa.

Observei unha práctica abusiva por parte dalgunhas destas empresas, que teño que facer?

Calquera práctica abusiva ou irregularidade que observes, comunícaa a través deste enderezo electrónico: es.bbvaapimarket@bbva.com.

As empresas ás que dou acceso poderían facer algún cargo na miña conta?

Algunhas empresas poden crear servizos que che permitan mediante BBVA Connect realizar pagamentos por transferencia directamente nas súas aplicacións. Por exemplo, conéctaste con BBVA Connect a unha web onde queres pagar un curso de formación e o pagamento é por transferencia, se o autorizas, a empresa poderá realizar esa transferencia. Ademais da túa autorización envíaseche un código por SMS ao teu teléfono móbil como medida de seguridade, que terás que introducir para que se poida executar a transferencia.

Que fago se son unha empresa interesada en ofrecer algún servizo a clientes do BBVA a través de BBVA Connect?

Se tes interese en implementar BBVA Connect, contacta connosco en es.bbvaapimarket@bbva.com.
Se desexas ser unha das empresas autorizadas polo BBVA para integrar os nosos servizos na túa aplicación ou web, accede a máis información aquí: www.bbvaapimarket.com.