Podes agregar todos os teus bancos, pedir cita para falar cun xestor, calcular o valor dunha casa e facer outras xestións do teu día a día. Sen ser cliente e sen compromiso. Rexístrate en dous pasos e empeza a coñecernos pouco a pouco.
Facemos que cada operación que realices coa túa app estea ao alcance da túa man, figurada e literalmente.
Usa os atallos
Predicimos comportamentos de acordo coa túa actividade e facémosche suxestións. Por exemplo, se a final de mes sempre pagas o alugamento, mandaremos un recordatorio para que non se che esqueza.
Sácalle partido aos destacados
Ordenamos as túas operacións habituais para que teñas un acceso rápido a elas cun só clic.
Comparte gastos por Bizum
Crea grupos de gastos compartidos, xestiónaos e axusta contas cos teus amigos, aínda que non sexan clientes, sen saíres da app.
Gústache o fácil? A nós máis
Sabemos que o teu tempo é ouro, así que che pomos as cousas sinxelas para facelo todo desde a app ou web do BBVA.
Acompañámoste mentres alcanzas as túas metas vitais, axudándoche a planificar os teus gastos e aforros para facer que o teu diñeiro baile ao teu ritmo.