Descarga e comeza a utilizar a app do BBVA

Explicámosche como descargala, as súas operativas máis utilizadas e todas as súas funcionalidades.

APP BBVA é a app número 1 mundial de banca, segundo a consultora Forrester. 

Descárgaa gratis e empeza a gozar da sinxeleza de realizar as túas xestións bancarias desde o móbil: 

  • Pagar co teu móbil sen necesidade de levar a carteira e as tarxetas contigo. 
  • Acender e apagar as túas tarxetas cando non as encontres. 
  • Asinar documentos bancarios cun só clic.
  • Contratar un xestor BBVA en calquera momento. 
  • Domiciliar recibos.

Sistemas operativos compatibles

A app BBVA está dispoñible para Android e iOS.

  • Play Store de Android: Para usala é recomendable ter un sistema operativo Android 5.2.0 ou superior. Algúns accesos directos incorporados recentemente necesitan un sistema operativo Android 7.1 ou superior. 
  • App Store de iOS: para o seu correcto funcionamento no iPhone e iPad é recomendable ter un sistema operativo iOS 9.0 ou superior.

A app BBVA tamén está dispoñible para Blackberry, Windows Phone e Windows 8.

Datos necesarios para acceder á app BBVA

Logo de que lle deas ao botón “Instalar” da Play Store ou App Store, abre a app e introduce o teu usuario e clave de acceso, e fai clic no botón branco de “Iniciar sesión” para poder empezar a usar a app BBVA.

  • Usuario: será o teu DNI coa letra en maiúsculas, sen espazo e sen guións. Por exemplo, 52367863D [pode ser o teu NIF, NIE, tarxeta ou pasaporte].
  • Contrasinal: terá unha extensión máxima de 6 caracteres combinando letras e números, sen espazos e sen símbolos ($,%, &,/…).

Ademais, lembra:

  • Se nalgún momento esqueces o teu contrasinal, pódelo recuperar accedendo a esta ligazón.
  • Tamén podes acceder coa túa impresión dactilar se o teu smartphone dispón de lector de impresións dactilares.