Seguro de viaxe para os Estados Unidos, todo o que necesitas saber

Contámosche que requisitos ten que cumprir a túa póliza para viaxar aos Estados Unidos e teres todo cuberto.
Preparar unha viaxe a un destino fóra de Europa implica realizar unhas xestións maiores que no caso dos países europeos do espazo Schengen. Unha das cuestións máis importantes á hora de viaxar aos Estados Unidos é contratar un seguro de viaxe. Neste país, a sanidade é privada, e calquera mínimo contratempo polo que teñas que ser atendido polos servizos sanitarios pode custarche unha barbaridade se non contas coa cobertura apropiada. Por iso mesmo, a contratación dun seguro de viaxe para os Estados Unidos darache a tranquilidade de poderes ir de vacacións con maior seguridade e evitar verte na situación de teres que pagar unhas facturas pola atención hospitalaria que poden ascender a miles de euros. Neste artigo, explicámosche en que consiste este tipo de seguros, os seus distintos tipos de cobertura e que tes que ter en conta ao contratar un.
Báner superior Seguros BBVA Báner superior Seguros BBVA
Descubre os Seguros BBVA
O que máis valoras merece a mellor protección.

Capitais asegurados

O primeiro que hai que ter en conta son os límites de capital asegurado que ofrece o seguro. De nada serve ter un seguro que cubra ata 5.000 euros en gastos sanitarios se a asistencia sanitaria por unha rotura de perna pode chegar a custar ata 80.000 euros nos Estados Unidos. Polo tanto, canto maior sexa a cobertura económica, máis garantías de seguridade e tranquilidade terá o asegurado. De feito, para as viaxes que impliquen maiores riscos —como poden ser as viaxes por estrada ou as viaxes de aventura—, é especialmente importante que o seguro se faga cargo da maior cantidade de gastos posibles. Polo tanto, antes de optar por un seguro ou por outro, é imprescindible analizar que tipo de viaxe se vai realizar para escoller os límites máis adecuados.

Período de cobertura

O ideal é contratar un seguro que cubra a totalidade dos días da viaxe, sen escatimar nos días de chegada ou saída, xa que os imprevistos poden suceder en calquera momento.

Por outro lado, existen seguros de viaxe anuais de tarifa plana. Este tipo de pólizas é unha opción moi cómoda para quen se teña que desprazar varias veces ao ano, xa que evita ter que contratar unha nova póliza cada vez que se viaxe fóra de Europa nunha mesma anualidade.

Adianto de fondos

O adianto de fondos é para casos de necesidade e o asegurado está obrigado a restituír o importe á compañía, que ademais pode esixir algún tipo de aval ou garantía. Os importes dos adiantos de fondos son moi variables segundo as pólizas
Báner central Seguros BBVA Báner central Seguros BBVA
Coñece os nosos seguros
E elixe o que mellor se adapte ás túas necesidades.

Servizos adicionais

Un bo seguro de viaxes ofrece servizos adicionais opcionais ou xa incluídos no seguro que se contrate para aqueles imprevistos que poidan xurdir máis alá da necesidade de recibir asistencia sanitaria —de tal forma que a tranquilidade durante a viaxe estea garantida. Polo tanto, é recomendable contar cunha póliza que cubra, por exemplo, indemnización en caso de atraso ou cancelación do voo; perda, danos ou roubo da equipaxe; cobertura legal no estranxeiro, etc.

No BBVA sabemos o importante que é poder ires de viaxe coa maior tranquilidade. Por ese mesmo motivo, seleccionamos seguros de viaxe con amplas coberturas que se adaptan ás túas necesidades. Entra en bbva.es ou achégate a unha das nosas oficinas para te informares sobre cal é o seguro ideal para a viaxe dos teus soños.

CTA Seguros BBVA CTA Seguros BBVA
Seguros - Tamén podería interesarche Seguros - Tamén podería interesarche

Tamén che podería interesar

  • Contámosche as características dun seguro de renda vitalicia e explicámosche cales son as súas vantaxes.
  • Dada a obriga de reparar os danos causados a outros, pode precisarse un seguro de responsabilidade civil.
  • Explicámosche o seu funcionamento, as súas claves e como podes identificar cal se axusta ás túas necesidades.
Seguros - Ferramentas Seguros - Ferramentas

Ferramentas de seguros

  • Fai o teu propio exemplo cos teus actuais seguros e descubre canto poderás aforrar se decides incluílos no Plan EstarSeguro BBVA.