Que é un ficheiro de morosos

Caer nun destes temidos rexistros pode limitar moito a nosa capacidade de acceder a financiamento.

Unha lista ou ficheiro de morosos é un rexistro no que se inclúe a todas aquelas persoas físicas ou xurídicas que incorresen nalgún tipo de non-pagamento. Baixo esta definición, porén, agóchase un amplo abano de formas de acabar nun destes ficheiros, que prexudican enormemente a quen figura neles xa que restrinxe de maneira notable o seu acceso a calquera tipo de financiamento.

En España, estes ficheiros utilízanse como unha ferramenta de información para multitude de empresas, entre elas as entidades financeiras, que necesitan coñecer o historial ou situación de pagamentos dos seus clientes.

Báner superior simulador Báner superior simulador
Encontra o financiamento que necesitas
Calcula a cota do teu préstamo de forma rápida e sinxela.
Na actualidade existen varias listas de morosos activas. Unha das máis importantes é a que xestiona a Asociación Nacional de Establecementos Financeiros de Crédito, ASNEF; outro dos ficheiros máis consultados polas empresas é o que leva o Rexistro de Aceptacións Non-pagadas, coñecido polo seu acrónimo (en español), RAI. Por último, outro dos rexistros máis coñecidos é o BADEXCUG, que controla a empresa EXPERIAN.

Como se cae nun ficheiro de morosos?

Cando un pensa nun ficheiro de morosos cre que aí só se reflicten os nomes dos grandes debedores, persoas que non tiveron coidado coas súas finanzas e agora deben inxentes cantidades de diñeiro a numerosos acredores. En realidade non é así, e para acabar nun destes ficheiros non é necesario nin ter unha débeda elevada nin contar con numerosos acredores.

En España as listaxes de morosos están reguladas pola Lei orgánica 15/1999 de protección de datos de carácter persoal. Ao final, a nosa información patrimonial e financeira é un ben máis que debemos coidar. Así, para entrar nun ficheiro de morosos a primeira condición é ter unha débeda que leve vencida, polo menos, catro meses. A cantidade da débeda non é relevante. Unha persoa pode estar inscrita nun destes ficheiros tanto cunha débeda de 20 ou 30 € como cunha de 10.000 €.

Ademais, antes de que o acredor nos rexistre nunha lista de morosos deberá ternos requirido o pagamento da débeda mediante correo certificado. Xa en última instancia, será o responsable do ficheiro de morosos o encargado de avisarnos de que fomos incluídos na listaxe nun período que non deberá superar os 30 días.

Ábrese entón unha xanela temporal na que podemos saldar a nosa débeda e ser eliminados rapidamente da lista antes de que a nosa inclusión teña efectos negativos para o noso perfil como cliente.

Báner central simulador Báner central simulador
Descubre o simulador de préstamos do BBVA
Viaxar, comprar mobles novos ou ampliar os teus estudos é máis fácil cos préstamos en liña.

Que consecuencias ten estar nun ficheiro de morosos?

Cando se nos inclúe nunha lista de morosos, as nosas opcións de acceder a préstamos e créditos (en definitiva, a financiamento bancario), vense reducidas de maneira radical. A partir de ese momento, os bancos e outras entidades que ofrecen crédito recearán da nosa capacidade de pagar débedas e, polo tanto, as ocasións nas que nos concederán diñeiro ou crédito serán escasas, por non dicir inexistentes.

Como se sae dunha listaxe de morosos?

Para saír dunha lista de morosos hai que pagar a débeda que nos esixen e pola que nos rexistraron nun destes ficheiros. Lodo de afrontar o pagamento, a xestora da listaxe deberá borrarnos dos seus datos nun prazo máximo dun mes, iso si, antes consultará coa empresa que nos rexistrou en primeiro lugar para comprobar que, efectivamente, nos fixemos cargo das facturas pendentes.

Por outra banda, a lei limita a seis anos o tempo máximo que podemos permanecer nunha destas listas de morosos, tempo tralo cal os nosos datos deberán borrarse da lista na que esteamos incluídos.

Estar rexistrado como moroso pode ser unha verdadeira preocupación para calquera persoa que queira ter unha actividade financeira normal. Por iso é moi importante estar ao día de todos os pagamentos e, aínda que reclamemos facturas que non consideramos lexítimas, non deberiamos permitir que os nosos datos sexan inscritos en ningunha listaxe de debedores.

CTA calcula CTA calcula
Préstamos - Tamén podería interesarche Préstamos - Tamén podería interesarche

Tamén che podería interesar

  • Explicámosche como funciona unha reunificación de débedas, ademais das súas vantaxes e inconvenientes.
  • Unha das maiores garantías que ten o banco para asegurar a devolución do préstamo é a nómina.
  • Explicámosche en que consisten os créditos instantáneos e como se pode conseguir un.
Préstamos - Ferramentas Préstamos - Ferramentas

Ferramentas de préstamos

  • Calcula as condicións de financiamento do préstamo que necesitas da man do noso simulador e en tan só 3 minutos.
  • Axudámoste a calcular as condicións de financiamento do teu próximo coche co noso simulador de préstamos especializados.