Etiquetas ambientais no meu coche híbrido, cal me corresponde?

Descubre as vantaxes que presenta cada unha destas modalidades de renting.

A etiqueta ambiental nace a partir do Plan Nacional de Calidade do Aire e Protección da Atmosfera 2013-2016. Este concluíu que o tránsito viario era a principal fonte de partículas contaminantes nas grandes cidades, feito que o levou a definir unha clasificación cuxo obxectivo era discriminar positivamente os distintos tipos de vehículo en función da contaminación que emiten. Para realizala, foron tidos en conta os datos proporcionados polos distintos fabricantes, polo que non inclúe o estado do vehículo. 

Colocala non é obrigatorio a nivel nacional aínda que existen excepcións como, por exemplo, Madrid. Na capital, e desde 24 de abril, é obrigatorio levala (recoméndase na esquina inferior esquerda do parabrisas), baixo multa para quen circule sen ela.

Báner Superior Coches Ecolóxicos Báner Superior Coches Ecolóxicos
Préstamo Coche Ecolóxico
Benefíciate de condicións especiais á hora de comprar o teu vehículo.

Que etiqueta é a que corresponde ao coche híbrido?

Hai un total de 4 etiquetas ambientais, cada unha dunha cor: Etiqueta Cero Emisións (de cor azul), Etiqueta ECO (de cor verde e azul), Etiqueta B (de cor amarela) e Etiqueta C (de cor verde). 

Ao coche híbrido, categoría que inclúe tanto os modelos enchufables cunha autonomía inferior a 40 km e non enchufables como os que usan gas natural (gas natural comprimido ou gas natural licuado) ou gas licuado de petróleo, correspóndelle a etiqueta ambiental ECO como segunda opción máis respectuosa co medio ambiente, só superada pola cero emisións (atribuída a coches eléctricos de batería, eléctricos de autonomía estendida, híbridos enchufables con autonomía superior a 40 km ou vehículos de pila de combustible).

Os dous tipos restantes de etiquetas ambientais inclúen vehículos de combustible destilado do petróleo. A C corresponde a turismos e furgonetas lixeiras de gasolina matriculadas a partir de xaneiro de 2006 ou diésel a partir de 2014 e vehículos de máis de oito prazas e transporte de mercadorías, diésel ou gasolina, matriculados a partir de 2014. A B, pola súa parte, inclúe turismos e furgonetas lixeiras de gasolina matriculadas a partir de xaneiro do ano 2000 ou o diésel a partir de xaneiro de 2006, ademais de vehículos de máis de oito prazas e de transporte de mercadorías, tanto gasolina como diésel, matriculados a partir de 2005. 

Se tes dúbidas sobre que distintivo lle corresponde ao teu coche, podes entrar no web da DXT e, con só incluíres a matrícula, saberás que etiqueta ambiental debes ter.

Báner Central Coche Báner Central Coche
Descubre o simulador de préstamos do BBVA
Obtén o préstamo en liña que necesitas para comprar o teu coche novo.

Renovación de coche

As novas regulacións xurdidas coa intención reducir a contaminación nas cidades están facendo que moitos cidadáns queiran adquirir un coche ecolóxico para poderen circular con máis tranquilidade e respectando o medio. 

Se estás entre eles, o BBVA ofréceche o Préstamo Coche Ecolóxico co que te poderás aproveitar dun tipo de xuro especial. Entra en bbva.es e infórmate.

CTA Coches Ecolóxicos CTA Coches Ecolóxicos
Préstamos - Tamén podería interesarche Préstamos - Tamén podería interesarche

Tamén che podería interesar

  • Explicámosche como funciona unha reunificación de débedas, ademais das súas vantaxes e inconvenientes.
  • Unha das maiores garantías que ten o banco para asegurar a devolución do préstamo é a nómina.
  • Explicámosche en que consisten os créditos instantáneos e como se pode conseguir un.
Préstamos - Ferramentas Préstamos - Ferramentas

Ferramentas de préstamos

  • Calcula as condicións de financiamento do préstamo que necesitas da man do noso simulador e en tan só 3 minutos.
  • Axudámoste a calcular as condicións de financiamento do teu próximo coche co noso simulador de préstamos especializados.