Que é investir en renda fixa?

Explicámosche que é o investimento en renda fixa e as súas principais características

Investir en renda fixa

O mercado de renda fixa é o mercado financeiro máis grande do mundo, onde acoden gobernos, empresas e administracións locais na procura de financiamento. Para facelo emiten títulos de débeda en diferentes formas (letras, notas promisorias, bonos, obrigas, bonos convertibles, etc.), coñecidos todos eles como activos de renda fixa.

Vocabulario que debe ser tido en conta

  • Emisor do bono: a entidade que acode ao mercado para financiarse.
  • Comprador do bono: o investidor que presta o diñeiro. 
  • Cupóns: os xuros periódicos que recibe o investidor do bono. Poden ter distinta periodicidade: mensual, trimestral, semestral, anual ou a vencemento.
  • Data vencemento: o final do prazo do préstamo.
  • Principal: importe inicial investido polo comprador do bono, e que se recupera ao final da vida deste.
  • Duración: trátase dunha medida de risco que indica a sensibilidade dun bono aos movementos dos tipos de xuro. Así, por exemplo, se un bono ten 7 anos de duración, ante unha suba do 1% nos tipos de xuro o prezo do bono caerá nun 7%, e viceversa. Polo tanto, a máis duración, máis risco de tipos de xuro.
  • Rating: calidade crediticia outorgada polas axencias de rating, que reflicte a solvencia do emisor analizado. Os mellores ratings denomínanse grao de investimento (investment grade), mentres que os peores coñécense coma alta rendibilidade (high yield). 
Báner superior xestoras internacionais Báner superior xestoras internacionais
Fondos doutras xestoras ao teu alcance
Consulta os fondos das mellores xestoras internacionais.

Que é un bono e quen o emite?

Un bono é un préstamo que realiza o comprador ou posuidor do bono, por un período de tempo. Estes títulos establecen desde o inicio un pagamento de xuros coñecido, que o emisor se compromete a pagar ao investidor de forma periódica, cunha data establecida como finalización do préstamo, onde a entidade devolve o importe inicial ao investidor.

Aínda que os investidores en renda fixa realizan un préstamo aos emisores de débeda, débese ter en conta que “renda fixa” non implica necesariamente “rendibilidade fixa” nin ausencia de risco.

No caso de manter o bono ata a data de vencemento do préstamo, como a rendibilidade é coñecida de antemán, o risco para o investidor céntrase no posible incumprimento dos pagamentos por parte do emisor, coñecido como risco de crédito ou risco de insolvencia.

Ao longo da vida do bono, o valor de mercado deste pode sufrir flutuacións en función dos movementos dos tipos de xuro, así como das expectativas sobre a capacidade de pagamento dos emisores.

Por que é interesante investir en renda fixa?

  • Cobramento de xuros periódicos.
  • Protección do capital, ao recuperar o importe inicial do investimento ao final da vida do bono.
  • A súa diversificación, xa que permite reducir o risco das carteiras ao combinalo con outros activos como renda variable.

Como se clasifican os fondos de renda fixa

A renda fixa era percibida polos investidores como un activo sen risco co que recibir cupóns periódicos. Nos últimos anos, o mercado foi evolucionando, de maneira que podemos encontrar unha gama moi ampla de formas de investimento dentro da renda fixa, con distinta complexidade. A elección da estratexia que se vai seguir deberase realizar en función do risco que se queira asumir e dos obxectivos de investimento que se pretenden alcanzar.

A débeda pública e a renda fixa privada continúan a ser os dous sectores máis importantes do mercado de bonos, aínda que a forma na que se combinan, xunto con outros tipos de bonos como titulizacións hipotecarias, divisas ou bonos convertibles, fan necesaria unha diferenciación dos fondos por categorías.

Báner central Quality Funds Báner central Quality Funds
Encontra fondos destacados por Quality Funds
Coñece os fondos de investimento internacionais e elixe a túa mellor opción.

A agrupación de fondos ou categorías determínase polo factor de risco ou polas variables que poden determinar a rendibilidade do fondo. Neste sentido, algúns exemplos son:

  • Débeda pública ou gobernos de países desenvolvidos, que se verán afectados pola evolución dos tipos de xuro dos distintos países.
  • Crédito. Centrados en emisións corporativas, están influenciados principalmente pola evolución da saúde financeira das empresas, é dicir, a capacidade de pagamento da compañía (calidade crediticia). Adoita diferenciarse en dous grupos: grao de investimento (emisores cunha elevada capacidade de pagamento) e high yield (emisores con capacidade de pagamento máis reducida).
  • Inflación. Adicionalmente ao risco de tipos de xuro, están as emisións vinculadas ás expectativas de inflación.
  • Convertibles. Son bonos que contan no seu deseño cun instrumento derivado sobre accións, polo que o seu comportamento pode estar influenciado polos movementos da renda variable.
  • Emerxentes. Son bonos emitidos por gobernos ou compañías de países emerxentes. O mercado diferencia entre aqueles títulos emitidos nas principais divisas desenvolvidas (dólar americano, euro, libra ou ien), e as emisións na divisa local do país onde se emite (peso mexicano, real brasileiro, etc.). Estes bonos veranse afectados polas perspectivas de crecemento de cada país, así como pola flutuación das súas moedas.
  • Agregados ou “Aggregate”. Son fondos que combinan varios ou todos os factores comentados anteriormente.

Para ter en conta no investimento de activos de renda fixa 

  • A capacidade de pagamento da entidade á que prestamos é clave. Se non é capaz de pagar os xuros e devolver o importe no prazo establecido, o investidor podería chegar a perder parte ou todo o seu diñeiro. Ao investir a través dun fondo de investimento estase investindo en diferentes bonos de distintos emisores polo que este risco se reparte.
  • O prazo do préstamo tamén é importante. É máis fácil saber se a entidade será capaz de devolver o diñeiro dentro de 5 anos que dentro de 30, xa que en períodos tan longos poden pasar moitas cousas. Dependendo do obxectivo do fondo investirá en prazos máis longos ou curtos.
  • Existen axencias encargadas de analizar os distintos emisores e de establecer unha cualificación ou rating en función da súa calidade crediticia. As máis coñecidas son Standard & Poor ’s, Moody’s e Fitch. Isto permite comparar distintos emisores cun mesmo criterio. As xestoras de fondos, nas fichas que xeralmente fan dos fondos periodicamente, publican o rating medio do conxunto de bonos nos que inviste o fondo, canda outros datos de interese. Esta ficha, se a xestora a publicou, poderá ser consultada na sección “Ver documentación” dentro da información do fondo en www.bbva.es
Fondos de investimento - Tamén che podería interesar Fondos de investimento - Tamén che podería interesar

Tamén che podería interesar

  • Coñece as características, tipoloxía e descrición daquilo que coñecemos como activos financeiros.
  • Explicámosche como funcionan os fondos de investimento e todo o que necesitas saber para investir o teu diñeiro.
  • Dúas das características do investimento en renda fixa son o risco reducido e a rendibilidade coñecida de antemán.
Fondos de investimento - Ferramentas Fondos de investimento - Ferramentas

Ferramentas de fondos de investimento

  • O simulador de fondos de investimento do BBVA axúdache a coñecer a rendibilidade que poderás conseguir cos teus aforros.
  • Non sabes que fondo de investimento se adapta mellor ás túas necesidades? O noso comparador axudarache a elixir a mellor opción.
  • Encontra o mellor fondo de investimento onde investir os teus aforros e comeza a rendibilizar o teu diñeiro.
  • Calcula a rendibilidade dun investimento dun modo rápido e sinxelo coa calculadora que pomos ao teu alcance.