Tipo de xuro composto: todo o que debes saber

Explicámosche que é e como podes calcularo de forma sinxela.
Chamamos tipo de xuro composto ao interese que se cobra, por exemplo, por un depósito ou un crédito e que ao ser liquidado acumúlase ao capital (capitalización do interese), polo que na seguinte liquidación de intereses, o interese anterior forma parte do capital ou base do cálculo do novo interese.

Cálculo de acordo cun tipo de xuro composto

Partimos deste exemplo: se en conta bancaria temos 10.000€ e estes repórtannos un 5 % de intereses (a pagar anualmente), ao cabo de 5 anos non teremos os 12.500€ que deberiamos xa que, ao depositar o obtido anualmente na mesma conta, o cálculo realízase de acordo cun novo total e non á cantidade inicial (tras 5 anos teriamos 12.762€).

Este resultado óbténse desta fórmula: 

Capital final = C0 x (1+Ti) ^t

Nela, e para entendera mellor:

  • CO: é o capital inicial (os 10.000€).
  • Ti: é a Taxa de Xuro anual (o 5 % ou 5/100).
  • t: é o tempo que dura o investimento (os 5 anos).

Se a aplicamos ao exemplo:

12.762 = 10.000 x (1 + 5/100) ^ 5

Axuda o tipo de xuro composto a aforrar

A aplicación desta fórmula permítenos coñecer, de antemán, o diñeiro co que poderemos contar ao final de cada ano (e tras o paso dos 5, en caso do exemplo). O obxectivo? Ser consciente da cantidade que vou a poder utilizar (nuns casos) ou retirar (noutros), feito que nos axuda ademais a cumprir os nosos obxectivos de aforro (e preaforro) ao ter coñecemento do importe total que poderiamos ter cando finalice o prazo.