Como aforrar nos gastos dunha casa

Descubre as recomendacións e consellos que podes pór en práctica no fogar para potenciar a túa economía

Xa sexa para gozar desas merecidas vacacións, para poder acceder á hipoteca que tanto desexas ou simplemente por se xorden imprevistos no futuro, coidar da nosa economía é un obxectivo que todos perseguimos. En realidade, sexa cal for o motivo, aforrar é fundamental, pero non sempre sinxelo, sobre todo tendo en conta a gran cantidade de gastos que temos que afrontar cada mes. Para mellorar nesta tarefa, é fundamental saber como aforrar nos gastos dunha casa, algo que che permitirá sacar o máximo partido ao teu diñeiro. 

Como facelo? Existen diferentes maneiras, pero, seguindo unha serie de recomendacións xerais, sorprenderaste do simple que pode chegar a ser contar cun diñeiro extra como resultado do aforro. O principal é crear a estratexia adecuada e manter a constancia necesaria para que dea os seus froitos. Pode que ao principio non sexa sinxelo, aínda que adquirir os hábitos do bo aforrador che dará interesantes réditos antes do que pensas.

Báner superior BBVA Bconomy Báner superior BBVA Bconomy
BBVA Bconomy
A ferramenta que te axuda a marcarte unha meta de aforro e conseguila.

Dez consellos para potenciar os teus aforros

Ademais doutro tipo de gastos, como o pagamento dunha hipoteca, seguros ou a compra de bens materiais, o diñeiro que se inviste no fogar exerce un papel fundamental nos gastos mensuais. Segue atento ás seguintes liñas e a estes dez valiosos consellos, de práctica común na nosa sociedade, que che axudarán a optimizar o teu orzamento doméstico:

  • Planifica o teu orzamento: é, sen dúbida, un dos aspectos principais que determinarán a nosa capacidade de aforro. Planificar o teu orzamento detalladamente é o primeiro paso para comezar a maximizar as túas posibilidades. Toma o tempo que necesites para facelo, é mellor tardar máis en confeccionar un plan realista e rendible que sacrificar o éxito por ter demasiada présa.
  • Aforra enerxía: a sociedade evolucionou considerablemente en materia de eficiencia enerxética. Ademais, este concepto é crucial para reducir os gastos na casa. Existen formas moi diversas, como aproveitar a luz natural, escoller iluminación e electrodomésticos de baixo consumo, lavar sempre en frío, instalar un termóstato, climatizar o teu fogar de forma natural con cortinas e alfombras… A lista é ampla e a capacidade de aforro, extraordinaria.
  • Revisa a potencia contratada: este concepto, tamén directamente relacionado coa eficiencia enerxética, é primordial. Un dos gastos máis elevados no fogar corresponde á electricidade, no entanto, é posible reducilo. Para facelo, debes revisar a potencia contratada, xa que en numerosas ocasións é superior á que necesitas. Un estudo adecuado neste sentido multiplicará os teus aforros.
  • Compra de forma intelixente: a cesta da compra, como non podía ser doutra forma, é crucial para a túa economía xa que é un dos gastos mensuais máis elevados de todos os fogares. Por iso, comprar de maneira intelixente axudarate decisivamente. Evita ir ao supermercado a diario e crea un plan a máis longo prazo, como, por exemplo, semanal. Así adquirirás o que realmente necesitas, conseguirás unha mellor organización e evitarás as compras por impulso, un dos principais inimigos do aforro.
  • Comprar barato tamén é posible: ademais da planificación axeitada, saber encontrar ofertas e aproveitalas é unha gran virtude, e non penses que é tan difícil. As verdadeiras gangas, xa sexa no supermercado ou noutros ámbitos, existen, e a cantidade de diñeiro que podes chegar a aforrar cando sexas experto nesta técnica é realmente elevada. Tempo e paciencia, como todo.
  • O conxelador, ese grande amigo: tirar comida non é só un mal hábito desde o punto de vista ético, senón tamén desde o económico. A todo o mundo lle sobrou parte dunha cea talvez demasiado copiosa ou pode que non chegases a utilizar parte da túa compra semanal. Boa parte dos alimentos poden ser conxelados sen perderen as propiedades e é un costume totalmente recomendable.
  • A reciclaxe elevada á máxima potencia: ademais de separar os residuos xerados no fogar, hai máis variantes, como utilizar obxectos vellos para un uso diferente ao orixinal.
  • En ningún sitio coma na casa: non é necesario non saír, pero é posible sacar máis partido ás reunións sociais organizadas na casa. Por que non unha boa cea cos teus amigos á calor do fogar? Este costume é máis habitual en países nos que a climatoloxía é moito máis adversa, aínda que prometen que a diversión está asegurada.
  • As vacacións, con antelación: é certo que algunhas veces non é posible, pero tenta reservar as vacacións cun mínimo de dous meses de antelación. Se o fas en tempada baixa, o plan será perfecto, xa que lograrás un prezo máis barato e evitarás as aglomeracións. Non esquezas que aforrar non significa quedar sen vacacións.
  • Constancia, constancia e constancia: o último consello e probablemente o máis importante. De nada servirá todo o anterior se non tes a vontade necesaria. Como en todo obxectivo, non renderse é a clave, e a recompensa pagará a pena.
Báner central Bconomy Báner central Bconomy
Empeza a aforrar
Co BBVA Bconomy poderás comparar os teus gastos e crear o teu colchón financeiro.

O BBVA axúdache a aforrar

En toda misión importante, é tamén esencial contar con bos aliados. O BBVA quere axudarche a aforrar e pon á túa disposición a ferramenta idónea para facelo, BBVA Bconomy. Coa aplicación de control de gastos do BBVA terás información sobre o teu diñeiro que antes non tiñas. Poderás analizar detalladamente os teus gastos, descubrir como reducilos e que che resulte máis fácil conseguir o colchón financeiro que necesitas. E todo na pantalla do teu smartphone, esteas onde estiveres e cando quixeres.

Se queres máis información, non dubides en probar BBVA Bconomy e descubrir así todos os seus detalles. Aforrar é posible e, coa axuda adecuada, o teu soño pode deixar de o ser para se converter nunha prezada realidade.

CTA Bconomy CTA Bconomy
Contas - Tamén che podería interesar Contas - Tamén che podería interesar

Tamén che podería interesar

  • Axudan a identificar o banco receptor dunha transferencia, garantindo a seguridade do proceso.
  • Puxemos á túa disposición varias funcionalidades en liña que farán máis sinxelas as túas xestións esteas onde esteas.
  • O tempo que tarda en facerse unha transferencia varía. Explicámosche todo o que envolve a esta operación bancaria.
Contas - Ferramentas Contas - Ferramentas

Ferramentas de contas