Trucos para aforrar diñeiro día a día

Ferramentas que che axudan a cumprir a túa meta.

Aínda que aforrar poida parecer algo imposible, non o é tanto. Esta aparente complexidade é froito, moitas veces, dunha falta de planificación e de non ter unha maior forza de vontade. Isto significa que cunha mellor organización, e seguindo os pasos que planificaras, alcanzar a túa meta de aforro desexada será máis fácil do que imaxinas. Sempre que os obxectivos que marques sexan realistas

Desde o BBVA sabemos que o proceso é complicado. Por iso, recompilamos estes trucos para aforrar diñeiro día a día que, ademais, che axudarán a manteres a túa saúde financeira en bo estado.

Báner Superior Programa a túa Conta Báner Superior Programa a túa Conta
Aforra con Programa a túa conta
Utiliza as súas 6 regras e cumpre as túas metas de forma rápida e sinxela

Trucos sinxelos para aforrar

Como dixemos, unha correcta organización é fundamental. Debes ter claro canto ingresas e cales son os teus gastos para poderes ter unha idea real do aforro que debes acometer cada mes. Desde a app do BBVA, e usando a funcionalidade O meu día a día, é posible conseguir o control desexado e necesario. Esta permíteche ver ambos os conceptos ordenados por categorías, facilitando tanto a túa planificación como a túa toma de decisións sobre o aforro. Outra ferramenta á túa disposición é Movementos previstos, que realiza unha predición dos teus próximos movementos a dous meses vista, mellorando a xestión do teu diñeiro. 

Cos números claros, o seguinte paso é crear un orzamento. É o momento de establecer que parte dos teus ingresos vas dedicar a cubrir os teus gastos e cal ao aforro. Actualmente existe unha técnica á alza que se coñece como a de 50/30/20 (nome que recibe polas porcentaxes en que divides os teus ingresos). O 50% dedícase aos gastos fixos, o 30% aos persoais e o 20% ao aforro. Unha porcentaxe que podes conseguir coa axuda de Programa a túa conta, que facilita a súa xestión da man das súas 6 regras: Saldo mínimo, Saldo máximo, Arredondamento en compras e Aforro en nómina, Fin de mes e Orzamentos. Ademais, todas elas están exentas de custo. 

Evitar o consumo compulsivo é outro punto que hai que ter en conta. Falamos deses gastos que se contemplan no plan de aforro e que son meros caprichos que rompen os avances que vas conseguindo. Para evitalos, o aconsellable é deixar pasar unhas horas antes de comprar calquera produto. Un tempo que debes usar para reflexionar se o necesitas ou non. 

Isto é aplicable, máis nos tempos actuais, ás adquisicións realizadas por Internet, que está repleta de descontos tentadores para o consumidor. Iso si, a rede tamén ten o seu punto positivo xa que, se a utilizas ben, podes encontrar grandes ofertas do que si necesitas. Para iso, é aconsellable que fagas uso dalgún comparador de prezos na procura da mellor relación calidade-prezo. 

Por último, en caso de recibires ingresos extra, é bo conservárelos. Desta forma, o teu peto crecerá máis rápido e, no caso de que che xurda algún imprevisto, faraslle fronte sen diminuír moito á túa conta de aforros.

Báner Centro Programa a túa Conta Báner Centro Programa a túa Conta
Conta Metas BBVA
A conta que che axuda a alcanzar os teus obxectivos de aforro.

Onde gardar os aforros?

Seguindo estes trucos é posible que consigas un bo peto, o que nos leva á seguinte pregunta: Onde gardo o aforrado? 

No BBVA dispomos da Conta Metas BBVA, pensada para axudarche cos teus obxectivos de aforro. É moi fácil de usar: logo de abrila, débeslle dar un nome (o da meta de aforro que planeaches), escoller a cantidade que queres aforrar e unha data para cumprila. A propia conta xera alertas para irte informando sobre o desenvolvemento dos teus obxectivos. Por suposto, aínda que teñas o diñeiro metido nela, podes acceder a el cando o necesites. Ademais, non ten ningunha comisión de administración nin mantemento.

CTA Programa a túa Conta CTA Programa a túa Conta