Programas para aforrar case sen te decatares

Bconomy, Programa a túa conta e Movementos previstos.

No mundo do aforro existen distintos tipos de aforradores, case tantos como persoas. Están os que prefiren conseguir a súa meta canto antes e optan por apertar máis o cinto, os que se inclinan por equilibrar a balanza entre aforro e gasto ou os que, ao non teren présa, estenden as súas metas de aforro para contaren con máis diñeiro para o día a día. Distintas formas de aforrar que, no entanto, teñen un punto en común: dependen de cal sexa o seu fin. E é que non é o mesmo crear un peto para comprar unha casa que facelo para unha viaxe ou para un móbil. 

O que si é seguro é que, escollas un tipo ou outro, os programas para aforrar que utilices vanche facilitar o cumprimento do teu obxectivo, ben axudando coa organización, coa desagregación dos teus gastos ou automatizando o aforro para que non teñas que estar pendente. En definitiva, permitiranche aforrar case sen te decatares.

Báner superior Programa a túa conta Báner superior Programa a túa conta
Aforra con Programa a túa conta
Utiliza as súas 6 regras e cumpre as túas metas de forma rápida e sinxela

Programas para aforrar no teu día a día

No BBVA somos conscientes do que che custa aforrar. Tamén sabemos que unha boa organización é fundamental para conseguírelo. Por iso, incluímos na nosa aplicación unha ampla gama de servizos e funcionalidades para que poidas ter as finanzas ben controladas. 

O primeiro que che propomos é Programa a túa conta. Con el, non só tes ese control que tanto desexas senón que, ademais, podes automatizar o teu aforro e evitar preocupacións diarias. Como? Aplicando unha ou varias das súas 6 regras (Saldo mínimo e máximo, Arredondamento en compras e Aforro en nómina, Fin de mes e Orzamentos) de forma fácil, as cales están exentas de calquera comisión. 

Con Saldo mínimo e máximo podes fixar un límite, por abaixo ou por arriba, na túa conta corrente que, en caso de superarse, xerará unha transferencia para establecer a normalidade. No primeiro caso realízase da túa conta de aforro á habitual e no segundo á inversa. 

Aforro en nómina, Fin de mes e Orzamentos funcionan de maneira similar. Só as diferencia un punto: na primeira transfírese de maneira automática unha porcentaxe da túa nómina conforme cha ingresen, na segunda unha porcentaxe do que che queda na conta ao final do mes e, na última, o diñeiro que non usaches dos orzamentos que previamente creaches en Bconomy. 

A regra do Arredondamento é unha modalidade de microaforro fácil de utilizar: cada vez que realices unha compra cuxo importe non sexa exacto, “os trocos” ata o seguinte euro serán transferidos a unha conta de aforro. Por exemplo, se compras unha camiseta que custa 6,50 €, os 50 céntimos ata completar os 7 € son enviados automaticamente á conta que teñas destinada para o aforro. 

Xunto a Programa a túa conta, e utilizando sempre a app do BBVA, dispós tamén de Bconomy, ferramenta que analiza os teus gastos en diferentes categorías e subcategorías para facilitarche coñecer en cales debes reducir. Tamén posibilita a comparativa destes cos doutras persoas de características similares co fin de que vexas se os teus se encontran por riba ou por debaixo da media. 

En último lugar tes Movementos previstos, servizo que che mostra unha estimación dos teus ingresos e gastos a dous meses vista, o que fai que poidas tomar as decisións adecuadas ao dispor de tempo para te anticipares aos gastos.

Báner centro Programa a túa conta Báner centro Programa a túa conta
Conta Metas BBVA
A conta que che axuda a alcanzar os teus obxectivos de aforro.

Conta enfocada ao aforro

Os programas para aforrar sempre supoñen un empurronciño nesta complicada tarefa. Pero, á parte deles, tamén é importante ter unha conta á que ir transferindo os aforros

No BBVA dispomos da Conta Metas BBVA, creada unicamente para aforrar. Logo de abrila, o primeiro que debes indicar é o nome do obxectivo de aforro que marcases, o tempo que estimas que che levará e a cantidade que queres aforrar. Con base nestas indicacións, mándache alertas da evolución do aforro para estares sempre informado. E, por suposto, non ten ningunha comisión.

CTA Programa a túa conta CTA Programa a túa conta