Adam Alter

Psicólogo e profesor
"Os nenos consideran interesante aquilo ao que os seus pais prestan atención".

Podes ver o vídeo completo aquí.

Todos temos o mesmo sistema: a mesma anatomía, cerebros practicamente iguais, as nosas reaccións son practicamente similares; as mesmas recompensas, os mesmos sinais, os mesmos detonantes… Así que todos temos o mesmo «risco», se queremos chamalo así. Todos somos susceptibles. Dito isto, gran parte de todo é estrutural. É dicir, se hai creado un universo no que todos os teus amigos están nun dispositivo e se espera que respondas aos trinta segundos, ti tamén estarás aí. Así que, tal e como está estruturada a sociedade agora mesmo, é particularmente perigoso para adolescentes e preadolescentes, porque a maioría das súas interaccións sociais ocorren en liña. En case todo o mundo, espérase deles que estean conectados, diante do móbil, listos para responderen, dispostos a interactuaren con xente… Basicamente, desde que saen do colexio ata que se deitan. Todo ese tempo libre, o único que teñen pola semana, ocúpano co móbil. E isto é un factor estrutural, así é como vivimos todos. Se isto cambiase, os rapaces sairían máis, xogarían máis, farían outras cousas que son positivas para eles. Pero é perigoso porque, tal e como evolucionou o seu mundo, non se poden afastar da pantalla coa mesma facilidade que os adultos, porque as nosas vidas non xiran tanto arredor do móbil, sobre todo a nivel social.

O primeiro que hai que facer é vixiar o tempo de uso. Se ves que o teu fillo utiliza o móbil ou calquera outro dispositivo durante varias horas ao día, podes monitorizalo para saber canto. Eu non o faría en segredo, sen que o neno ou o adolescente o saiba, senón que lle diría: «Imos ver canto tempo invistes, vexamos que ocorre». Dou clases a adolescentes no verán e algúns pasan ata dez horas diarias fronte á pantalla. Non sei nin de onde sacan o tempo, non entendo como poden vivir así e facer as demais cousas necesarias, pero se es pai, é algo que paga a pena saber. Por tanto, o primeiro é saber canto tempo emprega. A vantaxe destas aplicacións é que tamén podes saber que fan durante ese tempo. Pero o esencial é ter co teu fillo ou filla unha conversa, unha vez que está claro o que fai, sobre todo se ten a idade suficiente para tela, e dicirlle: «Con canto tempo te conformarías? Encontraremos un equilibrio. Pode ser un problema menor que se resolva falándoo, e pódese aprender a xestionalo… Pero pode ser un problema grave ata o punto en que o neno non é capaz de cumprir coas súas obrigas, séntese sobrecargado por todo o que o rodea, xa que non adoita ter a ocasión de atender todo o que está fóra da pantalla… Chegado ese punto, nos casos máis graves, polo menos nos Estados Unidos e en partes de Europa, a xente acode a centros de tratamento específicos. Aínda son algo moi recente, a súa eficacia é cuestionable tamén, algúns parecen funcionar mellor que outros. Non existe un método probado e definitivo para tratar esta adicción por agora. É moi baixa a porcentaxe de nenos que o necesitan. Pero esta sería a orde dos pasos: tempo de uso, que ocorre nese tempo, falar co neno para intentar chegar a unha solución e, se non funciona, falar cun especialista no tema.

"Deixar de man o smartphone unha parte do día é unha boa maneira de recuperar a humanidade que nos quitaron estes dispositivos".

Os nenos consideran interesante aquilo ao que os seus pais prestan atención. Así que, se ti prestas atención a unha pantalla, o teu fillo pensará que é moi interesante; se prestas atención a un libro, o neno quererá saber que hai aí. Sexa o que for que capte a túa atención, o teu fillo considerarao interesante. Así aprenden. Admiran os seus pais, sobre todo cando son máis pequenos, e queren saber que lles interesa aos pais para se interesaren eles tamén. Os nenos desde idade moi temperá prestan atención ao que fas. Creo que é moi importante que os pais, cando hai nenos diante, deixen de man as pantallas, como quererían que fixese o seu fillo neses momentos. Se che parece ben que o teu fillo mire en todo momento a pantalla, pódelo facer. Se hai algún momento en que non queres que mire o móbil, tes que cumprir exactamente a mesma norma. Porque que ti uses o móbil, é o mesmo que se o usa el ou ela, e isto fomenta o mesmo comportamento. O primeiro que hai que facer é vixiar o tempo de uso. Se ves que o teu fillo utiliza o móbil ou calquera outro dispositivo durante varias horas ao día, podes monitorizalo para saber canto. Eu non o faría en segredo, sen que o neno ou o adolescente o saiba, senón que lle diría: «Imos ver canto tempo invistes, vexamos que ocorre». Dou clases a adolescentes no verán e algúns pasan ata dez horas diarias fronte á pantalla. Non sei nin de onde sacan o tempo, non entendo como poden vivir así e facer as demais cousas necesarias, pero se es pai, é algo que paga a pena saber. Por tanto, o primeiro é saber canto tempo emprega. A vantaxe destas aplicacións é que tamén podes saber que fan durante ese tempo. Pero o esencial é ter co teu fillo ou filla unha conversa, unha vez que está claro o que fai, sobre todo se ten a idade suficiente para tela, e dicirlle: «Con canto tempo te conformarías? Encontraremos un equilibrio. Pode ser un problema menor que se resolva falándoo, e pódese aprender a xestionalo… Pero pode ser un problema grave ata o punto en que o neno non é capaz de cumprir coas súas obrigas, séntese sobrecargado por todo o que o rodea, xa que non adoita ter a ocasión de atender todo o que está fóra da pantalla… Chegado ese punto, nos casos máis graves, polo menos nos Estados Unidos e en partes de Europa, a xente acode a centros de tratamento específicos. Aínda son algo moi recente, a súa eficacia é cuestionable tamén, algúns parecen funcionar mellor que outros. Non existe un método probado e definitivo para tratar esta adicción por agora. É moi baixa a porcentaxe de nenos que o necesitan. Pero esta sería a orde dos pasos: tempo de uso, que ocorre nese tempo, falar co neno para intentar chegar a unha solución e, se non funciona, falar cun especialista no tema.

A nosa maneira de sermos mellores persoas, de aprender a nos comportarmos en sociedade, é probando cousas, un proceso de ensaio-erro. Se lle quitamos o xoguete a outro neno, o neno dános unha gadoupada e dinos: «Non me quites o xoguete». Así aprendemos o que funciona e o que non. Aprendemos que, se lle dis algo feo a un neno, chora, e iso fai que te sintas mal. A única maneira de aprendelo é tendo unha resposta inmediata aos nosos actos, e iso ocorre cara a cara. Detrás dunha pantalla, onde tes centos de miles de persoas, amigos e xente que realmente non coñeces, os teus actos, cando comentas, cando escribes, cando dis ou fas cousas, están moi afastados das consecuencias. Como resultado, non vives ese proceso de ensaio-erro, non aprendes tan rápido.

É moi fácil que a vida en liña sexa prexudicial para o benestar dun neno. Como a xente en Internet maquilla a súa vida, ao final, o que ocorre é que só se publica o mellor cinco por cento da vida real e o outro noventa e cinco por cento fica oculto. Se es un neno e pensas que Internet é un reflexo preciso de como viven os demais, se só viches o mellor, comezas a pensar que a túa vida é menos interesante, máis mundana, que non é tan rica como a doutras persoas. É moi prexudicial porque entramos nun bucle constante de compararnos e de cuestionarnos a nosa vida.

Biografía
Adam Alter é psicólogo e profesor do Departamento de Psicoloxía da Universidade de Nova York. Autor do libro 'Irresistible', no que de maneira sinxela e a través de exemplos, analiza o uso que facemos dos teléfonos móbiles e doutros produtos tecnolóxicos que conseguen atrapar a nosa atención.