Xestionamos a documentación e o cobramento das túas operacións
Reduce o tempo que dedicas á xestión financeira.
Aproveita os nosos acordos con Francia, Italia e Portugal para unha xestión máis áxil.
Unha garantía engadida
Que é unha remesa
É un dos medios de pagamento máis habituais en comercio exterior. Consiste en encargar ao banco a xestión dunha serie de documentos que fan posible o cobramento dunha exportación.
Que tipos hai
Remesas simples, nas que só se achega documentación financeira (notas promisorias, letras de cambio, etc).
Remesas documentarias, nas que se achega documentación financeira e comercial (facturas, pro formas, contratos, etc).
Máis control e menos xestión
Vantaxes para quen exporta
Contas coa seguridade de que a xestión do cobramento é realizada por un banco. Ademais, no caso das remesas documentarias, mantés a propiedade sobre a documentación que permite dispor da mercadoría ata que cobras.
Vantaxes para quen importa
Podes verificar que os documentos son os pactados co exportador antes de realizar o pagamento. Isto permíteche reducir a incerteza e contar con maior control sobre a operación.
O prezo é personalizado
Analizamos a túa empresa
Cada caso é diferente, por iso, un xestor analizará as necesidades da túa empresa antes de ofrecerche un prezo para unha remesa.
Se a operación é en Francia, Italia ou Portugal, a xestión é máis rápida e dixital.
Acompáñate o teu xestor persoal
Os nosos especialistas resolven as túas dúbidas
O noso equipo de especialistas en comercio exterior fará máis fáciles as túas operacións internacionais. Axudarate sempre que teñas dúbidas sobre financiamento de importacións.
Conta coa nosa experiencia
Terás á túa disposición un xestor persoal especializado. Contarás co seu apoio para resolver dúbidas sobre a túa actividade internacional e así minimizar os posibles riscos.
Para xestionar remesas só necesitas ter conta de empresa no BBVA. Podes solicitar máis información enviando un formulario para que contactemos contigo.