Só pagarás polo importe que utilices para anticipar o cobramento das túas exportacións. Se o teu límite anual é de 64.000 € e acabas utilizando 25.000 €, pagarás por eses 25.000 €.
Prezo personalizado
Ao contratares este límite de crédito, un xestor analizará o teu caso e as túas necesidades e ofrecerache un tipo de xuro.
Podes usar o límite de 2 formas
Posfinanciamento
Podes utilizar a cantidade que teñas dispoñible para anticipar o cobramento unha vez terminado o proxecto.
Prefinanciamento
Tamén podes utilizar este límite de crédito para afrontar os gastos que supón realizar un proxecto ou producir un pedido de máis unidades do habitual.
Poderalo utilizar desde a túa banca en liña para a maioría dos teus anticipos de facturas.
Potencia as túas vendas
Dá un impulso ás túas exportacións
Ao teres o diñeiro dispoñible durante máis tempo, poderás asumir proxectos máis grandes e investir máis capital no seu desenvolvemento.
Que nada interrompa a túa actividade
Cobrares antes as túas facturas significa non perderes a liquidez necesaria para continuares coa actividade da túa empresa.
Acompáñate o teu xestor persoal
Os nosos especialistas resolven as túas dúbidas
O noso equipo de especialistas en comercio exterior fará máis fáciles as túas operacións internacionais. Axudarate sempre que teñas dúbidas sobre financiamento de importacións.
Conta coa nosa experiencia
Terás á túa disposición un xestor persoal especializado. Contarás co seu apoio para resolver dúbidas sobre a túa actividade internacional e así minimizar os posibles riscos.
Podes contratar este límite de crédito en calquera das nosas oficinas. Desde aquí podes enviar un formulario para que contactemos contigo.
Algunhas dúbidas que che poden xurdir
Pode pedir o financiamento calquera empresa que teña unha conta BBVA. Ten en conta que o financiamento sempre está suxeito á aprobación previa do banco.
Ademais de ter contratada e activada a banca en liña, débense cumprir dúas condicións:
Que se trate de posfinanciamento, é dicir, que sexa un anticipo de cobramento cunha factura emitida.
Que quen realiza a compra se encontre nun dos 37 países da OCDE ou en América Latina.