Realiza compras no estranxeiro sen perder liquidez.
Financia o total ou unha parte do pagamento.
Escolle o día exacto do vencemento do pagamento.
Só pagas polo que utilizas
Dispoñibilidade sen custo
Só pagarás polo importe que utilices para financiar importacións. Se o teu límite anual é de 42.000 € e acabas utilizando 15.000 €, pagarás unicamente por eses 15.000 €.
Prezo personalizado
Ao contratar este límite de crédito, un xestor analizará o teu caso e as túas necesidades e ofrecerache un tipo de xuro.
Compra sen perder liquidez
Mantén o capital da túa empresa
Por exemplo, podes adiar o pagamento dunha factura para que che coincida cun cobramento, desta forma evitas que se resinta a túa liquidez.
Unha vez activado o límite de crédito, poderás financiar as túas importacións directamente desde a túa banca en liña.
Reforza a imaxe da túa empresa
Mellora o teu poder de negociación
Ao pagar aos teus provedores no momento da compra, poderás negociar mellores prezos ou descontos por pronto pagamento.
Demostra solvencia
Como o teu provedor recibirá o pagamento no momento da compra, terás a oportunidade de posicionarte como unha empresa fiable e sólida.
Acompáñate o teu xestor persoal
O noso equipo de especialistas resolve as túas dúbidas
O noso equipo de especialistas en comercio exterior fará máis fáciles as túas operacións internacionais. Axudarate sempre que teñas dúbidas sobre financiamento de importacións.
Conta coa nosa experiencia
Terás á túa disposición un xestor persoal especializado. Contarás co seu apoio para resolver dúbidas sobre a túa actividade internacional e así minimizar os posibles riscos.
Podes contratar este límite de crédito en calquera das nosas oficinas. Desde aquí podes enviar un formulario para que contactemos contigo.
Algunhas dúbidas que che poden xurdir
Pode pedir o financiamento para importacións calquera empresa que teña unha conta BBVA. Ten en conta que o financiamento sempre está suxeito á aprobación previa do banco.
180 días. Podes escoller o día que máis che conveña tendo en conta ese máximo.
Aínda que o pagamento que vaias realizar sexa en libras ou dólares, por exemplo, poderás financiar en euros a través da banca en liña para empresas.