Derivado OTC
Un derivado OTC (over the counter) é un derivado que contrataron dúas partes fóra dos mercados financeiros organizados. Son as partes as que pactaron as condicións do derivado.
Ao ser un contrato entre dúas partes directamente, existe tamén o risco de que unha delas incumpra os seus compromisos, é dicir, risco de crédito.