Valor liquidativo

É o prezo unitario da participación nun fondo de investimento. Calcúlase dividindo o patrimonio do fondo entre o número de participacións en circulación nese momento. Pola súa parte, o patrimonio calcúlase en función dos prezos de mercado dos activos e valores mobiliarios que nesa data integran a carteira do fondo (e que na súa maioría se negocian en mercados secundarios organizados), restando gastos e comisións. A sociedade xestora calcula e publica diariamente o valor liquidativo do fondo (aínda que en determinados tipos de fondos pode calcularse con menor frecuencia).