Titulización

Método de financiamento de empresas baseado na venda ou cesión de determinados activos a un terceiro, que pola súa parte financia a compra emitindo valores (que son colocados entre os investidores). En España, o método de titulización consiste en que a entidade que quere financiarse (cedente) vende os activos a un “fondo de titulización”, que carece de personalidade xurídica e está administrado por unha sociedade xestora. Pola súa parte, o fondo emite valores, que están apoiados polos activos adquiridos.