TAE

(Taxa anual equivalente) É un tipo de xuro teórico a un ano, que permite establecer comparacións entre activos con distintos prazos de vencemento e condicións contractuais. Mediante unha fórmula matemática, obtense o tipo anual que, nun momento determinado, igualaría o valor do investimento co valor actual de todos os fluxos previstos de cobramentos e pagamentos (cupóns, amortización do principal, etc.).