Suspensión de pagamentos

Situación que ten que ser declarada xudicialmente, pola que se recoñece que unha empresa non dispón de liquidez para facer fronte de forma inmediata ás súas obrigas de pagamento, aínda que ten activos suficientes para responder das súas débedas (cabe a posibilidade de que a venda de activos ou o desenvolvemento normal da actividade permita superar a situación transitoria de falta de liquidez). Se a situación patrimonial da empresa é tal que os seus bens e dereitos de crédito son insuficientes para responder dos seus compromisos de pagamento, será preciso instar a declaración de quebra.