Risco de liquidez

Posible penalización no prezo dun valor, no caso de que se necesite desfacer o investimento para recuperar o capital con rapidez. Con carácter xeral, pode dicirse que os valores cotizados son máis líquidos que os que non cotizan, xa que hai máis posibilidades de encontrar contrapartidas a un prezo razoable (por veces os non cotizados incorporan algún tipo de cláusula ou garantía de liquidez por parte do emisor ou un terceiro, aínda que non existe transparencia no referente ao prezo). Canto menos líquido é un valor, maior é a diminución no prezo que debe aceptar o investidor para vender os seus valores. En casos de iliquidez extrema, pode chegar a resultar imposible recuperar o investimento no momento desexado.