Risco de divisa ou tipo de cambio

Posibilidade de que o valor dos investimentos se vexa afectado polas variacións nos tipos de cambio. Por exemplo, se un investidor adquire valores expresados en dólares, a depreciación (perda de valor) do dólar fronte ao euro incidiría de forma negativa no prezo.