Rango estático

É a máxima variación permitida respecto do prezo estático do valor e é distinto para cada un. Este rango estático determínase analizando a volatilidade histórica de cada valor respecto do prezo estático. Establécense uns niveis do 4 %, 5 %, 6 %, 7 % e 8 % para os rangos estáticos. Para os valores do Novo Mercado fíxase un rango estático único do 10 % e para os do Latibex do 8 %.