Préstamo persoal

Un préstamo persoal é un produto bancario polo que o banco pon a disposición de quen o solicita (o prestameiro) unha determinada cantidade de diñeiro cunhas condicións estipuladas relativas a prazos, cotas, xuros, etc. Pola súa banda, o prestameiro adquire a obriga de devolver ese capital canda os xuros correspondentes, mediante pagamentos periódicos (cotas).

Os préstamos persoais ou de consumo utilízanse para o financiamento de necesidades como a compra dun coche, reformas, estudos, viaxes, etc.

O importe da cota mensual dependerá de tres elementos: diñeiro solicitado, prazo de devolución e tipo de xuro.

Que é un préstamo persoal?

Tamén che podería interesar