Ponderación

A ponderación é o peso que se atribúe a cada variable dentro dun conxunto que se pretende medir ou expresar nun índice. Por exemplo, ao construír o índice da bolsa atribúese un peso distinto aos valores escollidos para formalo. Iso depende da frecuencia de contratación ou da capitalización (prezo da acción no mercado polo número de accións).