Pílula velenosa

Operación destinada a frear unha OPA hostil. Adoita consistir na venda, por parte da sociedade obxecto da OPA, dos seus activos máis importantes. Outra posibilidade é ofrecer dereitos preferentes aos actuais accionistas da sociedade, dereitos que debería despois afrontar a sociedade que lanza a OPA.