Período de garantía

Período durante o que é preciso manter o investimento nun fondo garantido para poderse beneficiar das condicións da garantía, xa sexa de conservación de capital ou de rendibilidade. A garantía só é efectiva e esixible polo partícipe nunha data futura (vencemento da garantía). Os reembolsos efectuados antes dese momento, durante o chamado período de garantía, en xeral non están cubertos por esta e adoitan estar suxeitos ao pagamento de comisións de reembolso.