Participacións preferentes

Activos financeiros que unen características de renda fixa e variable. Os seus titulares teñen dereito a unha remuneración predeterminada non acumulativa, condicionada á obtención de suficientes beneficios distribuíbles por parte dunha entidade (distinta da emisora) que actúa como garante, ou por parte do grupo ao que esta pertence. Malia a súa denominación, non outorgan preferencia algunha aos seus titulares; de feito, na orde de prelación de créditos sitúanse por detrás de todos os acredores comúns e subordinados; só están por diante das accións ordinarias. Negócianse no mercado AIAF.