Operación acordeón

Operación societaria especial que consiste na redución e ampliación de capital simultáneas, co fin de sanear economicamente unha sociedade. En primeiro lugar, o capital social redúcese a cero, ou por debaixo da cifra mínima legal, e ao mesmo tempo increméntase ata unha cifra igual ou superior á devandita cifra mínima. Non é obrigatorio acadar o volume previo á redución. Estas operacións adoitan estar vinculadas a un novo proxecto, de maneira que, tras adaptar a cifra de capital social ás perdas rexistradas, espérase dispor de novos recursos financeiros, como consecuencia da ampliación.