OMC

A Organización Mundial do Comercio (OMC) é a organización internacional que se encarga de dar forma ás normas comerciais entre países. A OMC foi fundada o 1 de xaneiro de 1995. En novembro de 2015, 188 países forman parte da organización.

Os acordos da OMC son negociados e asinados pola maioría dos países que teñen actividade no comercio mundial. Estes acordos crean as normas xurídicas básicas do comercio internacional, que obrigan os gobernos a que as súas políticas comerciais estean baixo os límites que marca a OMC.

O obxectivo da Organización Mundial do Comercio é facilitar a produción de bens e servizos, así como as exportacións e importacións. A OMC vela para que non se produzan efectos secundarios non desexados, procurando o desenvolvemento económico e o benestar.

Funcións da OMC:

  • Negociacións comerciais.
  • Aplicación das leis e vixilancia.
  • Solución de diferenzas.
  • Creación de capacidade comercial.
  • Proxección exterior.

Principios da OMC:

  • Non discriminación.
  • Diminución de obstáculos.
  • Ser previsible e transparente.
  • Ser máis competitivo.
  • Ser máis beneficioso para os países en desenvolvemento.
  • Protexer o medio natural.

Tamén che podería interesar

  • Sen comisións nin condicións para gozar destas vantaxes.
    • 0 € por administración e mantemento da conta.
    • 0 € de cota anual da tarxeta de débito.
    • E, por suposto, sen necesidade de domiciliares a nómina ou recibos.

    Gratis, sen comisións nin condicións e sen papelame.

    Só para novos clientes.

  • Para mozos de entre 18 e 29 anos.
    • 0 € por administración e mantemento da conta.
    • 0 € de cota anual na túa tarxeta de débito.
    • Sen necesidade de nómina.

    Sen comisións só por usar a túa tarxeta unha vez ao mes (sacar diñeiro, pagar as túas compras, etc.).