Mercado interbancario

Este mercado está reservado exclusivamente para as entidades financeiras ( bancos e caixas de aforros). Entre eles préstanse diñeiro e fixan con estas operacións os tipos de xuro, sobre todo dos prazos mas curtos. Para o home normal e corrente as súas repercusións son importantes xa que, por exemplo, as hipotecas refírense aos tipos de mibor, que é o interese medio do diñeiro no mercado interbancario.