Lock-up

Período durante o cal non é posible realizar unha determinada operación. Os motivos e características destes períodos “de peche” varían segundo o tipo de produto. Por exemplo, nas ofertas públicas de venda (OPV), algúns accionistas poden asinan un compromiso de lock-up, polo que se obrigan a manter as súas accións durante un período determinado; o obxectivo é facilitar a colocación entre o público, eliminando a incerteza e o descenso de prezos que se produciría se algún accionista significativo optase por desfacerse das súas accións. No ámbito dos fondos de investimento, o Lock-up é o período durante o que se impide a entrada de novos partícipes ou a realización de investimentos adicionais nun fondo (situación que adoita darse nos fondos de xestión alternativa ou hedge funds, se así o establece o folleto); o motivo do peche é que o fondo xa acadaría o volume de patrimonio idóneo para unha xestión eficiente e un aumento do mesmo podería supor, a xuízo do xestor, unha menor expectativa de rendibilidade para os partícipes.