Leasing

Operación financeira de arrendamento mediante a cal unha empresa de leasing (arrendadora) compra directamente ao provedor dun ben de equipo, a fin de cedelo en alugamento a unha empresa cliente-arrendataria por un prezo e prazo predeterminados. Podendo exercer a opción de compra á finalización do período de alugamento por un valor residual. Esta fonte de financiamento comporta unhas vantaxes fiscais ao realizar os contratos por un prazo inferior ao normal de vida útil do ben, polo que, por veces, ten lugar unha amortización acelerada, xa que o valor residual pactado nos contratos é moi reducido. Normalmente exércese a opción de compra. Existen distintas modalidades de leasing: o leasing financeiro (o arrendador é unha entidade financeira) e o leasing operativo (o arrendador é o propio fabricante ou distribuidor).