Infravalorado

O prezo do activo financeiro ou do ben tanxible encóntrase por debaixo do que debería, atendendo ás súas características. A infravaloración e a sobrevaloración prodúcese, a primeira en momentos de crise e a segunda nos de euforia. Cando os activos están infravalorados é cando interesa compralos, pois encerran un potencial de subida, mentres que cando están sobrevalorados o seu potencial é de caída.