Hipoteca

Unha hipoteca é un dereito real que grava un ben inmoble e que normalmente se utiliza para lograr o financiamento necesario para a súa compra (aínda que tamén se poden hipotecar bens mobles). A hipoteca inscríbese no Rexistro da Propiedade. Coloquialmente utilízase como sinónimo préstamo hipotecario.

En calquera préstamo hipotecario existe a garantía persoal dos prestameiros e a garantía do inmoble, é dicir, os recursos económicos de quen o solicita, así como a vivenda, forman parte da garantía do préstamo.

As tres modalidades principais de hipotecas segundo o seu tipo de xuro son:

  • Hipoteca a xuro variable: O tipo de xuro está composto por un índice de referencia, habitualmente é o euríbor, máis un diferencial fixo. Neste caso o tipo de xuro revísase normalmente cada 6 meses para reflectir os cambios no índice de referencia. Con esta modalidade, a cota mensual será maior cando o euríbor suba e menor cando baixe.
  • Hipoteca de xuro fixo: Neste caso tanto a cota mensual como o tipo de xuro non varían durante todo o prazo do préstamo. Todos os meses págase a mesma cota, aínda que os tipos de xuro do mercado suban ou baixen. O tipo de xuro ao que se ofertan as hipotecas a tipo fixo adoita ser máis alto e o prazo de devolución menor, en comparación coas hipotecas a tipo variable.
  • Hipoteca cun tipo mixto: O tipo de xuro é fixo durante unha parte do préstamo e durante a outra parte é variable.

Que é unha hipoteca?

Tamén che podería interesar