Frecuencia de contratación

É un dos indicadores que se utilizan para medir a liquidez dun valor. É o número de días que cotiza un determinado valor no mercado, en relación co número total de días hábiles deste. Exprésase en tanto por cento. A maior frecuencia, máis liquidez.