Fondos cotizados (ETF)

Os ETF ou fondos cotizados son instrumentos de investimento híbrido entre os fondos e as accións, de tal xeito que reúnen a diversificación que ofrece a carteira dun fondo coa flexibilidade que supón poder entrar e saír dese fondo cunha simple operación de bolsa. Os ETF son, polo tanto, fondos de investimento cuxas participacións se negocian e liquidan exactamente igual ca as accións. Outra característica fundamental dos ETF é que son fondos indexados, isto é, a súa política de investimento consiste en reproducir o comportamento dun determinado índice de referencia.