Fondo de manobra

Ten dúas lecturas, por un lado a de funcionamento, que é a diferenza entre o activo circulante e o pasivo circulante. Doutra banda, a de formulación, que é a parte dos recursos permanentes que financia o activo circulante. En definitiva, é a parte de activo circulante que non pode ser financiada con recursos espontáneos e, polo tanto, debe facerse con recursos permanentes.