Fondo de amortización

En xeral, depósito de diñeiro ou de títulos, realizado periodicamente por un prestameiro conforme ás condicións do crédito ou da emisión de débeda a longo prazo, para rescatar a totalidade ou unha parte dun ou doutro. Estas operacións son típicas dos mercados americanos.