Fluxo de caixa

(Cash Flow) Diferenza entre os cobramentos e pagamentos efectivamente realizados nun período de tempo, como consecuencia da actividade dunha compañía (non coincide cos gastos e ingresos devindicados, que se poden rexistrar contablemente pero non sempre teñen un reflexo inmediato na conta de tesouraría). A esta entrada e saída de diñeiro tamén se lle chama ‘fluxo de tesouraría’. No ámbito das análises e valoracións de empresas, distínguese entre os conceptos de fluxo de caixa (beneficios despois de impostos máis amortizacións) e fluxo de caixa libre. Este último obtense restando ao fluxo de caixa os investimentos necesarios para atender as necesidades operativas da empresa, e constitúe a liquidez efectiva desta.