EVA

(Economic Value Added) É un indicador para medir a creación de valor para o accionista. Defínese como o valor en exceso que un negocio ou unha unidade de negocio achega despois de detraer do resultado que xera o custo que supón financiar os activos que están afectos ao devandito negocio ou unidade de negocio. A base do EVA consiste en obter a diferenza entre unha medida do resultado (beneficio operativo neto) e o cargo de capital (capital económico x custo de capital da empresa). Deste xeito obtense un indicador da xestión da empresa en función do seu rendemento económico e da súa rendibilidade financeira. É dicir, considerando os puntos de vista tanto do xestor coma do accionista.