ETF


Un ETF (Exchange Traded Funds) é un fondo de investimento que ten a misión de replicar a evolución dun índice ou dunha cesta de valores.

As participacións ou valores dun ETF negócianse en tempo real en mercados bolsistas electrónicos, da mesma maneira que as accións. Son mercados con total liquidez e transparencia.