Empréstito

Forma de captación de recursos alleos por parte do Estado e das empresas, emitindo obrigas, bonos, notas promisorias, etc., que o público en xeral subscribe como medio de investimento dos seus capitais e aforros. As empresas logran así préstamos a medio e longo prazo cos que financiar novos investimentos, ou a curto e medio para atención de tesouraría. Os investidores, pola súa parte, conseguen un xuro como remuneración dese investimento.