Empresas cotizadas

Aquelas empresas que deciden pór as súas accións a flutuar nun mercado bolsista, co obxectivo principal de obter financiamento. A estas empresas esíxelles uns requisitos específicos de información económico-financeira e mercantil. En contrapartida, cotizar nos mercados bolsistas outórgalles unha maior facilidade á hora de encontrar novos socios. Así mesmo, con posterioridade á saída á bolsa, poden recorrer ás ampliacións de capital como forma complementaria de financiamento.